Vía Nova ou Vía XVIII. De Bracara Augusta a Asturica Augusta. Tramo entre Portela de Homem e A Portaxe.
Nesta etapa duns 17 quilómetros escasos de lonxitude entraremos en terras galegas, mudando as paisaxes do Peneda-Gerês polas do Xurés. No noso camiño atoparemos restos desta antiga vía coma a Mutatio de As Mouruás, numerosos miliarios e a Mansio romana de Aquis Ogeresibus. Tamén un valioso patrimonio etnográfico nas aldeas de Vilameá, Pazos, Ribas de…
Edificacións de terróns na Limia. Galicia.
Aínda me lembro cando fun dar por completa casualidade cunha destas singulares construcións na aldea da Lavandeira. Casas, pendellos, peches, cortes e outros anexos de carácter agrícola eran feitos con bloques de terra mesturada con xuncos ou herbas que se deixaban secar ao sol. Esta foi unha solución intelixente e sostible nun territorio sen abundancia…
Ruta do Camiño dos Mortos. Monção. Portugal.
Hoxe achégovos este roteiro circular, de 14 quilómetros escasos de lonxitude, cun nome bastante común. E é que os tempos non sempre foron os que son agora. Décadas atrás os medios eran precarios e, ás veces, trasladar aos defuntos até a igrexa parroquial era un traballo complicado e laborioso. Por este camiño eran transportados os…
Congreso de Medicina Popular de Vilar de Perdizes. Portugal.
Coa súa orixe alá polo ano 1983, chega aos nosos días este congreso que acolleu nesta fin de semana a súa 40ª edición. Fundado por António Lourenço Fontes, máis coñecido coma o Padre Fontes, dá voz á medicina tradicional, a única que estaba ao alcance de todos durante moito tempo na maioría de fogares portugueses…
Vía Nova ou Vía XVIII. De Bracara Augusta a Asturica Augusta. Tramo entre Santa Comba e Ponte Liñares. Galicia.
Esta etapa, duns 20 quilómetros de lonxitude, presume de valiosas xoias entre as que destacan especialmente pola súa singularidade a igrexa de Santa Comba ou dentro do patrimonio etnográfico as pozas de aire de Vilela. Igrexas, capelas, cruceiros, eiras de canastros de madeira, antigos lavadoiros, fornos comunitarios e unha curiosa ponte son tan só algúns…
Illas de San Simón e de San Antón. Galicia.
Lugares con historia hai moitos, pero hai que recoñecer que estas illas debían encabezar o listado. Ubicadas na enseada de San Simón, fronte á praia de Cesantes e pertencentes ao concello de Redondela, serviron de fogar para os relixiosos nun primeiro momento, sendo os viquingos os próximos en mostrar interese por elas. A súa seguinte…
PR 12 Trilho dos miradouros. Outeiro. Portugal.
Circular e con pouco máis de 14 quilómetros de lonxitude, este roteiro é en sí mesmo todo un miradoiro! Cos picos da Serra do Gerês de fondo e o encoro de Paradela, durante o noso traxecto poderemos avistar ao lonxe a Capela de São João da Fraga e a aldea de Pitoes das Júnias. Tamén…
Vía Nova ou Vía XVIII. De Bracara Augusta a Asturica Augusta. Tramo entre Foncuberta e A Xestosa. Galicia.
Neste percorrido duns 15 quilómetros de lonxitude, coñeceremos o traballado cruceiro de Tioira, a igrexa, o cruceiro e o miliario da Eirexa, a fonte de Cimadevila e a ampla panorámica da serra que nos ofrece a igrexa da Costa. Todas elas aldeas que aínda conservan as súas construcións típicas da arquitectura tradicional galega. A partir…
Cascata de Firvidas. Montalegre. Portugal.
Aquí vos deixo unha descoberta destes últimos días do máis interesante. Desde a aldea que recibe o mesmo nome até a fervenza tedes menos de quilómetro e medio a pé por un camiño limpo e ben coidado. Podedes ver no mesmo un muíño perfectamente conservado. O lugar é totalmente idílico, tranquilo, tal como se aprecia…
Igrexa de San Bartolomeu de Eiras e Capela da Madalena. Galicia.
Ahí vos van algunhas curiosidades sobre a igrexa de San Bartolomeu… – Sabíades que esta parroquia era coñecida durante a Idade Media como Axeyra, nome do que derivou o actual? – Que a igrexa primitiva estaba preto do Miño pero foi trasladada a este lugar debido ás continuas enchentes do río? – Que a actual…
