Xullo 2023
Tras os pasos do río Xesta PR-G 24
Este roteiro circular duns sete kilómetros e medio parte do aparcadoiro da fervenza de Liñares, aínda que ao ser circular pode iniciarse noutro punto calquera da mesma se se prefire. Está perfectamente sinalizada e os camiños están limpos e son bos de andar, excepto un pequeno tramo de preto dun kilómetro ao pasar a aldea…
Mirador de Vilouxe, na Ribeira Sacra
Mirador de Vilouxe, na Ribeira Sacra Adoro cada recuncho da Ribeira Sacra, cada sendeiro, cada mirador, a súa historia e as súas aldeas. Por moitas veces que vaia, nunca deixa de sorprenderme a maxestuosidade do cañón do río Sil pero, sen dúbida algunha, este é o meu lugar favorito.
Muíños do Folón e Picón PR-G 94
Este conxunto de 67 muíños que cobren as ladeiras do Campo do Couto, declarados Ben de Interese Cultural, pódense visitar mediante un roteiro circular que parte do aparcamento habilitado para tal fin ao carón dos mesmos. A distancia a percorrer son sobre 4km por un sendeiro ben sinalizado e limpo. É moi despexado e ten…
A Coruña
Non me gusta demasiado a vida nas cidades e evítoas na medida do posible pero A Coruña ten algo especial. E a praia de Santa Cristina tiña unha débeda comigo . É unha cidade na que podes percorrer kilómetros á beira da costa e perderte polas rúas do centro. Sempre que vou aló descubro algo…
Tras os pasos do Río Barbeira – Ruta da Liberdade
Este roteiro circular duns 18,5km comeza o seu percorrido na desembocadura do río Barbeira no Verdugo. Sinalizado perfectamente en branco e verde, atravesa as aldeas do Peso, As Chozas, San Lorenzo, Barbeira e Laxedo. Entre San Lorenzo e Barbeira a propia ruta fai un pequeno tramo de ida e volta para visitar un foxo do…
Fervenza de Segade e centrais hidroeléctrica e térmica
Ao carón de Caldas de Reis atopamos esta fermosa fervenza formada polo río Umia na que, ademáis de apreciar a súa beleza, podemos mollar as gadoupas na época estival. A un lado da mesma permanecen as ruínas da antiga central hidroeléctrica ou fábrica da luz, posta en marcha en torno ao ano 1900, e tamén…
Roteiro do río Fraga. Moaña
Este roteiro circular comeza e remata ao carón do río Fraga pasando por 30 muíños no seu percurso. Existen dúas variantes, unha curta de 5km escasos e unha longa de algo menos de 10km. Os primeiros 5km son realmente espectaculares, idílicos. A paisaxe déixate sen palabras a cada metro. Perfectamente sinalizada neste tramo e o…
A presa rota de Vega de Tera
Hoxe vou facer unha excepción porque, aínda que non sexa en Galiza, é unha historia digna de ser contada. Tras 10km de ascenso polo cañón do río Tera, alcánzase a presa de Vega de Tera, construída entre 1956 e 1959 e que rebentou a primeira vez que se encheu, nese mesmo ano, unha fría madrugada…
- 1
- 2
