Roteiro por Castro Laboreiro

Moi preto da fronteira con Galiza atopamos este lugar onde historia e beleza van da man. O percurso que vos propoño é circular e duns 13km. Sae de Castro Laboreiro e pasa por Barreiro, Assureira, a Ponte da Cava Da Velha (declarado monumento nacional), Curveira, a Ponte da Varziela e regresa ao punto de inicio….

Ler máis

Trilho dos Poços Verdes. Sete Lagoas

Hoxe vouvos falar dun sitio que queda ao outro lado da fronteira pero moi pretiño da nosa Galiza e é totalmente recomendado para estes días de calor. O roteiro é circular, duns 10,5km, e xusto no punto intermedio conta con sete lagoas formadas pola caída do río Cávado (aínda que agora que non hai moita…

Ler máis

Roteiro do río Gorgua

Con preto de 15 km, este roteiro circular atravesa Casal de Veco para despois acompañar ao río Gorgua onde podemos disfrutar de pontes, fervenzas, pozas, regatos e fermosos sendeiriños e parar a refrescarnos. Asomarémonos tamén ao mirador de Quinta, pasaremos por Chan do Crego, a aldea de Monterredondo e Freáns. Ideal para días calurosos pois…

Ler máis

Balneario preto de Xunqueira de Ambía

Moi preto de Xunqueira de Ambía atopamos este antigo balneario, hoxe en estado ruinoso. É unha mágoa ver, unha vez máis, como edificacións coma esta se deixan caer sen que ninguén interceda a favor da súa recuperación e posta en valor. Son varios os balnearios que durante a segunda metade do século XX seguiron o…

Ler máis

Fafião

Hoxe, ao igual que nalgunha outra ocasión, vou facer unha excepción e falar do país veciño. Pero dado que vén unha vaga de calor para esta semana, coido que mo agradeceredes . No Parque Nacional Peneda- Gerês hai un lugar chamado Fafião. Dende este sitio parten dúas rutas pertencentes ao gran roteiro GR50 Peneda-Gerês, de…

Ler máis