Igrexa de Santo Estevo de Chouzán

Ubicada en Chouzán, provinicia de Lugo, esta igrexa resulta inaccesible en coche. Pódese aparcar facilmente no pobo e camiñando uns 300 metros máis ou menos por un sendeiro bo chégase ata ela. Forma parte do Itinerario de Interese Paisaxística de San Fiz de Asma aos Peares e é unha parada obrigatoria en caso de levalo…

Ler máis

Ponte Navea

Esta Ponte pertencente á Vía Nova que unía as cidades de Bracara Augusta (Braga) con Asturica Augusta (Astorga), xeraba anos atrás uns ingresos derivados do seu paso. Foi atravesada por algúns dos grandes exércitos e personaxes da historia europea. A un lado da ponte estaremos no concello de San Xoán de Río e ao outro…

Ler máis

Xende. Concello da Lama

Un conxunto arquitectónico impresionante é o claro protagonista deste lugar. Formado polo Santuario de Xende, o viacrucis pétreo, unha gran alameda con fonte cun anxo no seu centro, unha casa reitoral soportada espectacular, un templete baldaquinado e varios cruceiros e petos de ánimas. Xunto ao Santuario de Xende eríxese un baptisterio e un chamativo cruceiro…

Ler máis

Espartedo. Nogueira de Ramuín

Hoxe vouvos presentar outro deses lugares especiais para min e ben pouco coñecidos. Pola súa fermosura, aínda no estado ruinoso no que se atopa grande parte da aldea, pola súa arquitectura, os seus camiños, a súa ubicación e o entorno. Tan pronto puxen un pé neste pobo quedei namorada . Oxalá tivese o poder na…

Ler máis

Valença do Minho. Portugal

Se a fin de semana pasada vos falaba dun dos tesouros de Tui, hoxe tocou atravesar o río Minho para falarvos de outro. A fortaleza de Valença conta con preto de 5km de perímetro amurallado dentro dos cales, ademáis dunha actividade comercial ben animada, podemos disfrutar da Igrexa de Santa Maria dos Anjos, a Igrexa…

Ler máis