Aldea de A Míllara. Pantón.
Aos pés do río Miño, encaramada nunha pendente pronunciada, atopamos esta fermosa aldea restaurada con mimo e esmero, conservando a arquitectura tradicional da zona. Cheguei a ela fai un tempo, de total casualidade, e teño que dicir que é deses lugares aos que adoro voltar. As súas vivendas de pedra con cuberta de pizarra, ás…
