O Camiño Privilexiado e o Couto Mixto. Camiñando pola fronteira.

Xa tempo atrás compartín con vós unha publicación sobre este “microestado”, ubicado na fronteira, e que conseguiu manter a súa independencia durante nada menos que uns 700 anos! Co fin de non repetirme, comparto o enlace á mesma para poñervos en contexto, caso non coñezades a historia. E voltando ao Camiño Privilexiado, chamábase así a…

Ler máis

Mosteiro de Santa María de Montederramo. O Camiño do Monxe. Etapa 7. De Montederramo a Castro Caldelas. Ribeira Sacra. Galicia.

Se o outro día vos achegaba parte da historia desta xoia da Ribeira Sacra e unhas fotos do exterior, hoxe volto á carga coas do interior e algunhas curiosidades máis. Polo visto, dos dous claustros cos que conta, un deles pertence á Xunta e era onde se atopaba o colexio do lugar até que pechou…

Ler máis

Roteiro polo penedo do Tangaraño, a igrexa de San Pedro de Moreiras e a capela de San Bieito da Cova do Lobo. Galicia.

Este roteiro circular, de pouco máis de 10 quilómetros de lonxitude, conta con tres puntos clave no seu percorrido. Por unha parte a impresionante igrexa de San Pedro de Moreiras, cunha monumental fachada barroca e que aínda conserva no seu muro sur restos románicos. A seguir, a ermida de San Bieito, na que ten lugar…

Ler máis

Reloxos de sol do Museo Provincial de Lugo. Galicia.

No Museo Provincial de Lugo podedes desfrutar unha impresionante colección de nada menos que 42 reloxos de sol, sendo os máis antigos do século XVII. De granito, mármore ou lousa; con formas rectangulares, antropomorfas, círculares, semicirculares, cúbicos ou de fantasía; abundan os verticais ortomeridianos (sempre orientados ao Sur), aínda que tamén conta con algúns meridiáns,…

Ler máis

Roteiro pola Muralla Romana de Lugo. Galicia.

Hoxe propóñovos un percorrido totalmente diferente, iso sí, cargadiño de historia e beleza! Esta muralla conta con máis de dous quilómetros de perímetro e ronda entre os 8 e 12 metros de altura. Datada da época romana, foi declarada Monumento Nacional no ano 1921 e tamén Patrimonio da Humanidade pola Unesco no ano 2000. Orixinariamente…

Ler máis