Aldeas historicas de Portugal. Sortelha.
De fisionomía urbana e arquitectónica case inalterada dende o século XIV, é considerada unha das aldeas mellor conservadas en Portugal. Inserida nun anel defensivo medieval, o conxunto das construcións presenta singulares edificios militares, relixiosos e residenciais.
O seu castelo foi considerado Monumento Nacional en 1910 e as súas murallas son en parte transitables. Conta cun impresionante “pelourinho” ou picota de inicios do século XVI, unha Casa da Câmara que aínda mostra barras nas fiestras da súa parte inferior, xa que serviu de prisión antigamente, e unha igrexa matriz digna de unha visitiña.
Sortelha sorprende ao visitante xa antes de atravesar a porta da súa muralla para coñecela e asegúrovos que non defrauda! ❤️

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *