Está considerada a catedral máis antiga de España debido á orixe prerrománica dun antigo mosteiro, predecesor do templo existente hoxe en día. Excavacións levadas a cabo na zona constataron unha ocupación monástica dende o século VI ao IX. A actual basílica é románica do século XI cuns grandes contrafortes do século XVIII.
Esta basílica, título que se lle concedeu no 2007, foi catalogada coma Ben de Interese Cultural no ano 1931. E é que é un moi valioso tesouro que non deixa indiferente a ninguén.
Ademáis do seu estilo arquitectónico pouco habitual no noroeste peninsular (románico lombardo catalán), conserva no seu interior as pinturas románicas máis antigas de Galicia, un retablo único no seu xénero e uns sermóns en pedra que así vos van quedar os ollos 


.
O que máis me chamou a atención, contra o pecado da luxuria, o castigo: a muller cos peitos trabados por sapos e o home espido atado coa corda ao pescozo ou o degradado á condición de simio.
No seu exterior aprécianse unha serie de canzorros que insisten na recriminación dos pecados e os seus castigos.














