A Casa de Real. O camiño da Geira e dos Arrieiros. De Caldelas a Terras de Bouro.

Falábavos fai un tempo dunha impresionante casa que se atravesa literalmente ao longo deste camiño, grazas a información que me proporcionaron sobre a mesma. Pois ben, hoxe teño que agradecer ao seu actual propietario así coma a persoa que non só ma amosou, senón que tamén me contou parte da súa historia, o poder ver cos meus propios ollos toda a beleza que esconde no seu interior pese ao seu deteriorado estado. Chea de detalles que te embelesan olles cara onde olles, é o lugar perfecto onde deixar voar a imaxinación e pensar como sería a vida aló décadas atrás.
Sen dúbida, unha experiencia única. Grazas novamente por permitirme desfrutala, pola compañía e polo tempo que amablemente me foi dedicado. Con razón adoro aos nosos veciños. É ben certo que sempre me fan sentir coma na casa 🤗❤️!
Comparto, co seu permiso, unhas fotiños do interior e exterior da mesma co desexo de que vós tamén deixedes voar a vosa imaxinación. Espero que vos guste!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *