A Corga da Fecha. O camiño da Geira e dos Arrieiros. De Portela do Home a Lobios.

Como vos contaba o outro día cando vos falei desta etapa, un dos seus atractivos é a caída de auga da Corga da Fecha. Entre o quilómetro cinco e seis do percorrido, desviándonos uns metros á dereita nun dos cruces de camiños, podemos desfrutar da vertixinosa baixada destas augas, que forman ao seu paso pozas cristalinas que no verán invitan ao baño e no inverno á contemplación.
Tamén existen outros roteiros que levan a este punto e mesmo remontan a fervenza pola súa beira ata chegar ao alto. E para os que non sodes tanto de camiñar, con menos de dous quilómetros de andaina, partindo dende o balneario de Lobios, chegaredes a este punto por un camiño bo e sen dificultade técnica.
Encantaravos! ❤️

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *