Non sei se algunha vez vos preguntastes a razón do seu nome, aqueles que xa a coñecíades. Pois ben, unha corga é un curso de auga de pouco caudal que transcorre por unha depresión do terreo, mentras que fecha fai referencia a un caudal moi pequeno de auga.
De feito, é común que estes regatos varíen considerablemente o seu caudal en función da época do ano e climatoloxía. Como curiosidade, direivos que neste caso concreto, estamos diante da caída de auga de maior altura de toda Galicia, cos seus case 250 metros de desnivel, que deixa ao seu paso fermosas pozas e fervenzas ata unirse as súas augas coas do río Caldo.
Realmente impresionante! 

