E aquí vos deixo este túnel na ladeira do monte de San Trocado, duns 70 metros de lonxitude, executado na época romana para canalizar a auga.
Tanto a ribeira do río sil coma a do Miño contan cun gran número de antigas explotacións auríferas romanas onde durante miles de anos a forza da auga erosionou as vetas de ouro depositándose as pebidas xunto con outros materiais nas beiras dos ríos.
Chégase en coche ata a mesma cova aínda que o tramo final é un camiño de terra pero está en bo estado. A cova é transitable na súa totalidade e a paisaxe que nos atopamos a súa saída é realmente espectacular. Se a visitades e atopades unha pebida de ouro lembrade que o que da a información ten dereito a unha parte
.
Fronte á cova tamén hai un mirador con boas vistas
.
Espero que vos guste! 







