Hoxe vouvos facer un cambio de temática, pero é un deses exemplos, no meu caso concreto, da cantidade de cousas fermosas e de gran valor que temos moi preto da casa.
Esta aldea conta con unha das torres que rodeaban a Lagoa de Antela e que mantén a súa estructura nun bo estado de conservación. Levantada sobre unha plataforma que noutros tempos estivo fortificada, serviu de residencia temporal ao rei de Galicia D. García sendo cedida no século XII á Mitra de Ourense.
Neste lugar tamén existiu un convento de
Xerónimos, sendo o seu primeiro prior Xordán,
que se titulaba abade de San Lourenzo e señor
de Güín e Castelaus.
A torre, defendida por muralla e foxos, e de
pranta cuadrangular, conta cun interior distribuído en catro andares, restaurados fai varios anos. Accédese a través de unha porta de arco oxival con ménsulas decoradas, situada no primeiro andar. A cuberta, actualmente reformada, complétase con modillóns con repisa.
Un pouco máis abaixo recomendo completar a visita coa súa igrexa barroca e unha fermosa eira con canastros de madeira. E non moi lonxe de aquí, a impresionante fervenza do Fírbeda e as súas pasarelas e muíños antigos. Existe un roteiro ben sinalizado para chegar ata aló.























