A GR 50. Portugal

Este roteiro forma parte da Gran Ruta circular Gerês- Xurés, de preto de 300km de lonxitude en total. A GR 50 correspóndese co trazado da parte portuguesa, que transcorre polo Parque Nacional Peneda- Gerês.
Non hai imaxes suficientes para mostrar as súas paisaxes idílicas, fervenzas engaiolantes, rico patrimonio arquitectónico e etnográfico e singulares aldeas.
Para min foi unha experiencia única, xunto coa parte galega tamén. Un roteiro especial de inicio a fin, deses nos que cada paso dado é especial. Nos que desexas avanzar pero tamén deterte e desfrutar de cada metro.
❤️

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *