A Pobra de Trives

Hoxe vimos de explorar este concello que ten moito que ofrecer. Aínda que só nos deu tempo de ver unhas cantas cousiñas, fainos ilusión compartilas con vós. Alén destas, déixovos xunto coas fotos, un panel informativo dos principais puntos de interese do concello por se queredes ampliar a visita.
A propia vila en si é unha parada máis que obrigatoria. Chama a atención especialmente a súa historia e arquitectura. As súas edificacións antigas con galerías requintadas non vos deixarán indiferentes.
Alén da vila, déixovos como lugares que si ou si tedes que ver:
– Igrexa románica e mosteiro de San Salvador así como as súas inmediacións, en Sobrado.
– Ponte Cabalar e as ruínas da antiga Fábrica de Chocolates Fénix. Están pegadas á estrada, hai un lugar para estacionar o coche xusto enriba. E tamén hai un roteiro realmente fermoso sinalizado.
– Miradoiro de Pena Folenche.
– Miradoiro de Penas de Rome.
– Ponte Bibei (considerada a ponte romana mellor conservada de Galiza) e os miliarios que hai ao seu carón.
Espero que vos gusten! ❤️

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *