Hoxe vou facer unha excepción porque, aínda que non sexa en Galiza, é unha historia digna de ser contada.
Tras 10km de ascenso polo cañón do río Tera, alcánzase a presa de Vega de Tera, construída entre 1956 e 1959 e que rebentou a primeira vez que se encheu, nese mesmo ano, unha fría madrugada de 18 graos baixo cero.
A auga baixou con toda a súa forza alcanzando o pobo de Ribadelago e deixando ao seu paso 144 mortos dos cales só apareceron poucos máis de vinte corpos. O resto probablemente estean baixo as augas do lago de Sanabria.
A presa é deses sitios nos que te atopas con sentimentos contradictorios. Por unha parte a calma e paz que transmite hoxe en día, pero por outra parte a gran tristura que te sobrecolle ao pensar como puido ser aquela fatídica noite.
Hoxe coñecín a un sobrevivinte á traxedia que me contou que tivo que irse despois da mesma para gañarse a vida xa que alí non había opción, pero que voltou tras a súa xubilación. Tamén que cando era xoven se formaban neveiros que duraban dun inverno para outro e que a neve lle chegaba á barriga.
Recomendo un paseíño por Ribadelago Viejo, ou o que queda da parte antiga do pobo, coma os restos da igrexa ou o campanario grazas ao que se salvaron algunhas persoas.
Sen dúbida, un sitio con moita historia capaz de chegarche ao 











