Hoxe vou compartir con vós algunhas fotos dun dos meus destinos favoritos, a Ribeira Sacra, ese lugar ao que nunca me cansarei de ir e no que de cada vez que vou descubro algo novo. Xa vos teño falado de varios roteiros pola zona, pero hoxe voume centrar en miradoiros, máis concretamente nalgúns da provincia de Ourense. De leste a oeste e por orde de fotografía ahí vos van os seguintes:
– Miradoiro do Curral do Penso e Balcóns de Madrid: estes dous contan cunha zona de aparcamento a uns metros, un fácil acceso e están un á beira do outro. Tamén podedes ver o que resta dun antigo foxo do lobo de cabrita nas inmediacións.
– Miradoiro do Castro e Pena da Cividá: é posible estacionar o coche a tan só uns metros e hai un camping con restaurante e cafetería onde podedes repoñer forzas.
-Miradoiro de Cabezoás: con acceso en coche.
-Miradoiro de A Columna: aparcamento a uns metros.
– Miradoiro de Vilouxe: o meu favorito indiscutiblemente. Neste caso o coche ten que quedar no alto da aldea e a ida é pouco menos de un quilómetro a pé.
– Miradoiro do Banco, de Pé do Home e Alvariza: Para chegar a estes tres puntos moi próximos entre eles é preciso deixar o coche a uns dous quilómetros de distancia. O punto máis próximo onde estacionar é o cemiterio de Cerreda. O camiño ata eles é bo e non ten perda.
– Miradoiro Peñas do Castro: con aparcamento a uns 300 metros e unhas maravillosas vistas do Mosteiro de Santo Estevo e os seus arredores.
– Bambán do Solpor: con acceso en coche.
Todos están relativamente próximos entre eles, co cal é viable visitar a maioría no mesmo día e, obviamente, hai moitos máis ca estes.

