Ubicada na illa de San Sadurniño e datada do século VIII ou IX d.C. sufriu varios ataques ao longo dos séculos. Como consecuencia dos mesmos, foron levadas a cabo sucesivas reconstruccións ata que, no século XVIII, foi abandonada e derruída por mor dun terremoto.
Habitada durante moito tempo e cunha ubicación estratéxica na ría de Arousa, foi empregada como sistema de alarma mediante luminarias de posibles incursións vikingas.
Pero esta non é a única empregada con ese fin senón que tamén existían outras coa mesma función na Lanzada, Vilanova, Catoira e A Rocha. Destas outras subiremos máis información en futuras ocasións para mantervos coa intriga
.
E como moitos outros lugares de Galicia, este tamén conta cunha lenda. Dise que a illa foi creada por un rei mouro que acumulando terra e cunchas a orixinou. Ao parecer este rei tiña o poder de queimar as persoas
e disque debaixo da torre había un pasadizo que agochaba un tesouro de ouro e pedras preciosas
. Nós por se acaso miramos ben e , como sabedes, vén máis seis ollos ca dous, pero non atopamos nada 

.
Ao que resta da torre chégase a pé atravesando unha ponte dende San Tomé e recoméndovos dar un paseíño á beira da auga tamén!







