Onte deixábavos en Cabeceiras de Basto co roteiro de Levada de Víbora e Moinhos de Rei. E hoxe vouvos recomendar unha aldea, a uns vinte minutos desta ruta, que é un imprescindible sen lugar a dúbidas.
E preguntarédesvos por que! Pois ben, podería dicirvos que pola súa arquitectura tradicional, polas súas rúas sinuosas e pintorescas, polo seu cruceiro, peto de ánimas ou igrexa, polos seus hórreos e muíños, pola súa ubicación na Serra da Cabreira, polas augas do río Ave que forman fermosas lagoas e fervenzas ao seu paso…
Pero como din por ahí, máis vale unha imaxe ca mil palabras así que ahí vos deixo unhas cantas fotografías á espera de que vos gusten! 

