Aldea de Albite. Gran Ruta Transfronteiriza Gerês- Xurés

Etapa 3. De Salgueiro a Lobios.
Albite, no concello de Muíños, recibe ao visitante con un conxunto cando menos curioso, formado por fonte, lavadeiro, merendeiro e churrasqueiro, todo en un! O servizo completo!
No centro da vila atoparemos a capela de Santo Antonio, de pranta rectangular e pedra de boa sillería. E xa cara a saída en dirección a A Cela, un verdadeiro espectáculo da man da súa impresionante eira rodeada de canastros, iso sí, nun estado de conservación mellorable. Tamén un camiño antigo que conta con unha canalización de auga que pasa polo medio do mesmo e se bifurca cara os prados circundantes.
Rodeada por unhas fermosas vistas, este lugar non deixará indiferente a ninguén!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *