Aldea de Couso. Concello de Sarreaus.

Entre Xinzo e Laza atopamos esta fermosa aldea como saída dun conto de fadas. Pero non sempre luciu así de bonita, foi o amor de José María Galán o que transformou o que restaba deste lugar no que vemos hoxe en día. Este riojano namorouse do pobo tras coñecelo e, pouco a pouco, foi mercando as casas e terras para a súa reconstrucción. Non foi un proceso rápido, nin doado, nin barato precisamente, pero está claro que o resultado foi realmente maravilloso. Aínda poden apreciarse imaxes do seu estado anterior nalgunha das paredes das súas edificacións.
Destinado ao turismo rural e á realización de eventos, esta aldea ten hoxe unha nova vida que lle permite manterse en pé; e a nós apreciar a súa arquitectura tradicional, darnos un paseo polas súas rúas e desfrutar da tranquilidade e a relaxación á que convida a melodía das augas do río Limia.
Recoméndovos non pasar por alto ningún detalle, prestade atención, pois cada recuncho deste fermoso lugar agocha algo máxico, ao igual que o enclave no que se atopa ubicado.
Espero que vos guste! ❤️

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *