Ubicada en pleno Parque Nacional Peneda-Gerês e cunha altitude de entre 700 e 750 metros, a aldea de Pontes é unha das tradicionais inverneiras de Castro Laboreiro. Antes da Páscoa, as familias de Pontes desprazábanse, xuntos cos seus enseres e animais, maioritariamente para as brandas de Campelo e de Formarigo, onde se atopaban con veciños de outras inverneiras.
Alí permanecían ata o Nadal, data na que regresaban de novo a Pontes e ás outras inverneiras. En total existen en Castro Laboreiro 19 inverneiras, 18 brandas e 9 lugares fixos.
Aínda que esta aldea chegou a quedar deshabitada durante varios anos, un novo proxecto persoal devolveulle parte da vida que nalgún día tivo aínda que dun xeito ben diferente, facendo partícipes da súa beleza a todos aqueles que queirades desfrutala.
Conta con varias casas reconstruídas fieis a súa arquitectura tradicional, que funcionan como aloxamentos de turismo rural. Conserva o seu acueducto construído ao redor de 1940 polos seus habitantes, con preto de 60 metros de lonxitude e sacralizado coa colocación dun cruceiro con unhas almiñas.
Aínda que se pode chegar en coche, forma parte do percurso “das inverneiras de Castro Laboreiro”, circular duns 6km de lonxitude, así como da etapa 1 da Grande Rota GR-50 que vai de Ameijoeira a Castro Laboreiro, lineal de 8.34km.
Recoméndovos encarecidamente unha visita e, se podedes, uns días para desconectar! É un lugar idílico! 

















