A aldea de Puxedo conta cun valor etnográfico incalculable e senón xa veredes! Ten nada menos que catro eiras con canastros feitos en pedra e madeira nos séculos XIX e XX, unha fermosa capela adicada a San Antonio cun reloxo de sol nun dos seus laterais, o maior peto de ánimas da provincia de Ourense, catro cruceiros e un palco acompañado por un carballo centenario. Son varios os murais que decoran as súas rúas, adicados á malla, á sementeira, á fornada… e ata un adicado ao gaiteiro Perfecto Rodríguez. Todos eles realizados polo artista ourensán Mon Devane.
Pero non só son estas pinturas ás que fan referencia aos traballos levados a cabo nestas terras, senón tamén as interesantes exposicións ubicadas nalgunhas das súas edificacións, que nos amosan o modo de vida de anos atrás e as ferramentas de traballo empregadas nos diferentes oficios.
Parte desta aldea a Ruta das Olas do Mao, PR-G 268, circular e duns 7 quilómetros de lonxitude, que nos leva a carón das augas do río Mao mostrándonos curiosas formacións rochosas, diferentes muíños e ata unha fervenza! Que máis se pode pedir! Todo o camiño está limpo e ben sinalizado, non conta con grande dificultade e é realmente fermoso.
Sen dúbida algunha, é unha visita máis que recomendable. 
#galicia #galiciamaxica #galicia_enamora #galiciacalidade #galiciamola #galiciabonita #galiza #galizacalidade #galiciahistoria #galizahistoria #galiciacuriosidades #lugarescuriosos #naturaleza #natureza #nature #naturephotography #naturezaperfeita #historia #sendeirismo #trilhos #senderismo #rutas #baixalimia #Xurés #puxedo

