A aldea de Santandré foi un pobo onde os seus veciños eran case todos da mesma familia. A súa singularidade reside en que foi rehabilitada case na sua totalidade por un veciño da zona. A respetuosa intervención nas casas que forman a aldea deixa ver os elementos máis típicos da arquitectura tradicional galega, coma os corredores de madeira dende os que se poden disfrutar vistas privilexiadas da Limia.
No ano 850 albergou un cenobio benedictino, construído xusto ao lado dunha igrexa edificada na honra a Santo André e da que hoxe non quedan restos pero que chegou a ter un grande peso na Limia, xa que dependía do mosteiro de Celanova. Este valeuse de pequenos cenobios para impulsar a agricultura e a repoboación a través deles e exercer o seu poder sobre os labregos.
A lenda negra do mosteiro conta que tiña un número reducido de monxes, entre 8 e 10, que obedecían á regra de San Bieito, polo que tiñan a obriga de levar unha vida baseada no traballo e na oración. Seica so o abade cumpría esta regra así que os outros monxes decidiron matalo por medo a que este confesase a desobediencia dos demáis. Este feito marcou o abandono do cenobio, xa que despois ninguén quería vivir nel por medo a que se repetira esta mesma historia.
Espero que vos guste!










