Aldea O Castro

Concello de Taboadela
Esta aldea foi unha das máis notables ao longo da ldade Moderna, testemuña do cal son os tres escudos nobiliarios que aínda se conservan na mesma e que recordan a elevada xerarquía social dos seus antigos moradores.
Subindo pola rúa principal, veremos con dificultade o primeiro, situado á dereita dentro dunha finca pechada. O segundo un pouco máis adiante á esquerda e o terceiro case á altura deste último, a man dereita. Tranquil@s que este é imposible non velo. Realmente espectacular!
A vintena de edificacións que conforman este lugar son vivendas señoriais, adegas, palleiras e cabaceiros. Pero o máis chamativo a primeira vista é a existencia dun paso elevado construído en madeira que atravesa a rúa principal. Este paso, hoxe cegado, unía dúas vivendas do mesmo propietario.
A aldea conta tamén cunha extraordinaria adega
de gran tamaño, en venta hoxe en día, con pranta rectangular e cuberta a dúas augas. E entre as ruínas dalgunha das súas edificacións podemos apreciar tamén fornos privados.
Existe unha ruta circular duns 15 quilómetros escasos que pasa por esta aldea. Está entre os meus pendentes, así que espero poder amosarvos fotos da mesma pronto!
Xa me contaredes que vos parece! 🥰

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *