Se Almeida falara… Esta localidade, estratexicamente edificada e tamén coñecida coma o val das invasións, viu pasar numerosos exércitos e foi palco de diferentes contendas dende a antigüidade até mediados do século XIX.
Os seus fosos, murallas e baluartes, milimetricamente construídos coma un hexágono, esconden salas soterradas que protexían ao pobo e aos soldados dos ataques máis cruentos. Almeida foi unha auténtica máquina de guerra defensiva que aínda a día de hoxe sorprende a quen a visita.
No seu interior conserva numerosas construcións de carácter militar, alén de unha interesante arquitectura civil. Tamén un museo histórico militar digno de visita. Sen dúbida algunha, é un lugar do máis singular.
Espero que vos guste!

