Hoxe xa vedes que vos levo máis aló da fronteira para que me acompañedes nesta viaxe polas aldeas históricas de Portugal. E é que non me perdoaría non facervos partícipes de tanta beleza, patrimonio e historia. Estes lugares agochan tras de sí paraísos recónditos, un pasado de reis e raíñas e cruentas batallas.
Conforman este núcleo 12 aldeas, e vou comezar pola de Castelo Mendo. Namora nada máis chegar coa súa entrada pola Porta da Vila gardada por dous 
. E non quereredes marchar despois de descubrir as súas pintorescas rúas cheas de casas manuelinas, o seu pelouriño de considerables dimensións, as súas igrexas, o castelo e a muralla. Se esas pedras falaran… Respírase historia en cada recuncho!
Ahí vos deixo unhas fotiños á espera de que vos gusten! 

