Esta localidade, ocupada dende o calcolítico, sorprende ao visitante a cada paso. As súas rúas presumen de diferentes solares e casas nobres. Tamén dunha Casa da Câmara construída no reinado de D.Dinis, aló polo ano 1290, cunha fermosa fonte e un “pelourinho” ou picota quiñentista á frente.
Subindo pola aldea sorprenderanos un antigo lagar, testemuña da vida comunitaria da aldea, e o que resta dun castelo que ofrece unha ampla panorámica.
Paga a pena perderse polas súas rúas, deterse con cada pequeno detalle e mergullar na ampla historia deste fermoso lugar.

