Onte deixeivos descubrindo os tesouros de Castelo Mendo e hoxe achégovos aos de Castelo Rodrigo, que non son menos.
Cun castelo actualmente en ruínas, unha igrexa exemplo da transición do románico ao gótico, un impresionante pelouriño e pintorescas rúas con casiñas de pedra e tella, a ver quen consegue resistirse aos encantos desta pequena pero máis que fermosa aldea.
Invítovos a reparar en cada detalle, porque ao igual que na anterior, cada recuncho agocha unha sorpresa para o visitante.
Espero que vos guste! 

