Aldeas históricas de Portugal. Idanha-a-Velha.

Erguida sobre unha urbe romana, máis tarde baixo o dominio de suevos e visigóticos e tamén ocupada polos musulmáns, Idanha-a-Velha conserva numerosos vestixios de diferentes épocas. Aínda que pode ser tal vez a máis pequena das aldeas históricas, riqueza non lle falta.
Con unha catedral- igrexa, na que a controversia sobre a súa orixe está servida, e numerosas ruínas que a rodean, a torre dos templarios, a súa igrexa matriz, un “pelourinho” ou picota, unhas poldras romanas e unha ponte que ligaba Augusta Emerita a Asturica, os atractivos son máis que suficientes como para que a súa visita sexa obrigatoria.
Conta tamén cun museo e unha excepcional colección de pedras epigrafadas, algunhas das cales están expostas no exterior. E con unha Casa Grande dunha magnitude considerable e da que agradecía que se alguén sabe máis me contara algo da súa historia.
Espero que vos guste! 🥰

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *