Aldeas históricas de Portugal. Linhares da Beira.

Atravesada por unha importante calzada romana que conectaba Braga coa actual Mérida, este lugar sorprende nada máis colocar un pé nel.
Conta entre as súas xoias cun castelo con dous recintos amurallados, un empregado como refuxio da poboación e dos animais e outro para a estrutura militar. Tamén un foro e picota do século XVI, símbolo do poder municipal outorgado polo rei. Impoñentes casas con detalles manuelinos, unha igrexa de orixe románica e aqueladas rúas que convidan a perderse.
Aquí vos van unhas fotiños desta fermosa aldea! 🤗

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *