Se tivese que escoller as tres aldeas históricas que máis me impactaron, sen dúbida algunha esta sería unha delas. E é que a Marialva non lle falta historia. Árabes, romanos, godos e musulmáns deixaron a súa pegada neste pobo lusitano que tamén foi casa dunha importante comunidade de xudeus.
A pesar do estado ruínoso da súa parte alta, as construcións civís e relixiosas que rodean o “pelourinho” ou picota, son suficientes para facernos unha idea da súa importancia. O castelo foi declarado Monumento Nacional no ano 1978 e a igrexa de Santiago conta cun retablo que vos deixará boquiabertos.
Perdéndonos polas súas rúas, podemos ver impoñentes casas señoriais, un cruceiro prominente, a igrexa de San Pedro, a capela da Nossa Senhora de Lourdes e numerosos pasos da Vía Sacra, entre outros atractivos.
Prometo que vos encantará! 

