Sen lugar a dúbidas, esta localidade conta con peculiaridades que a fan especial. As súas construcións conviven con enormes bolos graníticos que serven por veces de soporte para as mesmas.
Rúas enriba descubriremos diversos solares e casas nobres, igrexas, unha gruta entre penedos, a torre sineira e uns singulares cortellos nos que tempo atrás se cebaban os porcos.
Xa no seu punto máis alto un castelo, catalogado como Monumento Nacional en 1948, que resistiu estoicamente as tentativas de ocupación ata que no ano 1815 foi destruído por un raio. Tamén a igrexa de Santa María do Castelo, as ruínas da capela de S. Joao e da igrexa de S. Miguel, a beira da cal atoparemos os restos dunha necrópole.
Como vedes, potencial non lle falta! 

