Aldeas históricas de Portugal. Piodão.

En plena serra do Açor e cunhas impresionantes vistas, Piodão é considerada un dos núcleos urbanos portugueses máis tradicionais. Sen dúbida algunha, é un exemplo perfecto da arquitectura tradicional portuguesa.
A nosa entrada seremos recibidos por unha impresionante e peculiar igrexa matriz branca que contrasta co resto de edificacións. Estreitas rúas e numerosas escaleiriñas levarannos ata capela de San Pedro e a das Almas, e un pouco máis lonxe a da Nosa Señora do Bo Parto.
Nas portas das casas podemos apreciar pequenas cruces de madeira como protección contra raios e tempestades, e é que a climatoloxía aquí non semella ser benevolente.
Espero que vos guste! 🥰

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *