Aldeas históricas de Portugal. Trancoso.

Esta localidade non só foi escenario de contendas varias, senón tamén do casamento real entre Don Dinis e Dona Isabel de Aragón alá polo ano 1282. Foi él o responsable do amurallado integral do seu burgo e das súas emblemáticas portas.
O centro histórico conta con singulares construcións de carácter civil e relixioso entre as que destacan a igrexa da Misericordia e a de San Pedro, de orixe románica e onde se atopa a sepultura do zapateiro e profeta Bandarra. Tamén un impresionante “pelourinho” ou picota en gaiola. Fermosas construcións con soportais, casas nobres e vestixios arquitectónicos da súa ocupación xudaica son outros dos atractivos cos que conta Trancoso.
Espero que vos guste! 🤗

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *