Allariz ❤️

Todos temos lugares que nos traen á cabeza lembranzas, persoas ou recordos de outros sitios que coñecemos.
Pois ben, fai pouco tiven a sorte de coñecer Ponte de Lima máis polo miúdo, profundizar na súa historia, no seu patrimonio e na súa cultura. Alí entrei a comer nun restaurante local e o primeiro que captou a miña atención foi unha parede enteira chea de fotografías que me trasladaron ao momento a miña vila. Eran fotografías da festa da “vaca das cordas”, con centos de anos de tradición. Fáisevos familiar aos que coñecedes Allariz?
Tamén teñen un festival de xardíns de grande relevancia, unha ponte cunha parte romana e un casco antigo cheo de encanto.
Aquí vos deixo unhas fotiños de Allariz á espera de que vos gusten!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *