Allariz. Galicia.

Sodes moitos os que pensades que a miña vida é un día aquí e outro acolá, pero todos, ou case todos, comezan no mesmo lugar e do mesmo xeito. Un lugar no que non nacín nin medrei pero do que me namorei e que, ao longo destes últimos anos, se fixo o meu fogar.
Penso que non é preciso vender moito a vila, xa que ten encantos máis que suficientes para engaiolar a todos os públicos. Ideal para os amantes do sendeirismo e da fotografía, da historia, da gastronomía e até de ir de compras. Allariz é un lugar que conseguiu manter vivas as súas tradicións e costumes e que conta con tres museos que vos recomendo visitar; o do coiro, o do xoguete e o da moda. Como non, tamén o seu casco histórico, que a pesar do seu reducido tamaño agocha xoias en cada recunchiño.
Hoxe quero compartir con vós unhas fotiños das nosas primeiras rutas do día pola vila!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *