Allariz

Se onte lle daba os parabéns á vila de Ribadavia, hoxe con un motivo diferente, teño que darllos a de Allariz ❤️.
Cunha decoración de nadal fóra do común, consegue captar a atención dos máis pequenos pero tamén dos adultos. Teño que dicir que ata daqueles que, ao igual ca min, non lles agradan demasiado estas datas.
Cada rincón da vila sorprende cos seus detalles, deixando ver todo o traballo que hai detrás dos mesmos e tamén o agarimo que, quenes o fixeron posible, puxeron nesta tarefa.
Os meus parabéns e espero que o desfrutedes. Por certo, non vir todos xuntos a ver a vila, por favor, ide repartíndovos 🤣🤪!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *