Datado de finais do século XIV, este convento sofreu varias ampliacións posteriores que, por desgraza, non serviron para mantelo en pé na actualidade. Pertenceu á Orde dos Frades Menores ata que estes se trasladaron en 1625, quedando abandonado ata o ano 1751, no que tiveron lugar obras de reedificación do mesmo.
Finalmente, foron varios os condicionantes que fixeron que este pasara a mans privadas e caera paulatinamente nun estado ruinoso ata que no ano 1987, o seu derradeiro propietario, o doou á Santa Casa da Misericordia de Viana do Castelo a cal, á súa vez, o vendeu no ano 2001 ao Instituto Politécnico de Viana do Castelo.
En resumidas contas… outro exemplo dunha espectacular obra de arquitectura inmersa en plena natureza cun futuro incerto. Pódese acceder a pé dende o miradoiro do depósito da auga, por enriba da Citânia de Santa Luzia, camiñando pouco máis de quilómetro e medio polo monte. Iso sí, o traxecto está limpo pero sen sinalizar e conta con subidas e baixadas considerables. O que avisa non é traidor!
O esforzo paga a pena e déixovos o track para chegar no wikiloc!
























