Este campamento romano e mansión viaria ubicados no traxecto que segue a Vía Nova, que comunicaba Bracara Augusta e Asturica Augusta, foi ocupado dende o derradeiro cuarto do século I até os anos 20 do século II. A mansión viaria funcionaba coma hospedaxe de viaxeiros na citada calzada, ocupada nos séculos II e III.
Está situado ás beiras do río Limia, no encoro das Conchas. Ademáis da Vía Nova, tamén atravesa este lugar unha ruta de peregrinaxe a Santiago de Compostela, que coincide no seu tramo inicial ata Bande coa Vía Nova.
O campamento ocupaba unha extensión de 2,5 hectáreas e estaba rodeado por unha muralla da que sobresaían torres defensivas e que contaba con catro portas monumentais.
Cando o nivel da auga sobe moito, non é posible velo por completo. Hai unha zona de aparcamento se se vai en coche e un Centro de Interpretación que alberga un museo e varias salas explicativas do complexo xusto antes de coller camiño ao campamento.
Se seguimos andando un pouco máis adiante deste, chegaremos ás espectaculares termas romanas nas que máis que refrescarnos podemos entrar en calorciño.









