Este conxunto etnográfico formado por construccións de pranta cadrada ou rectangular con teitos de lousa, algunhas das cales están restauradas e en bo estado hoxe en día, foi onde se gardou durante máis dun milenio o saboroso caldo de Vilachá 
.
Os monxes dos distintos mosteiros ubicados na zona durante a Idade Media foron os grandes mestres da producción deste viño.
Estas adegas están declaradas Ben de Interese Cultural e integradas na candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio da Humanidade.
E como sei que a ninguén lle amarga unha festa
… teño entendido que a primeira fin de semana de maio ten lugar aquí a Feira do Viño, onde os veciños da Pobra do Brollón e visitantes, participan en catas de viños da zona de Vilachá ao ritmo de grupos folclóricos, charangas e a mellor das gastronomías
.
E moi pretiño do pobo, se queredes deleitarvos cunha fermosa panorámica da zona, o Miradoiro da Capela
.





