Hoxe queremos compartir con vós este lugar tan especial. Un lugar ao que imos sempre que podemos pola súa tranquilidade, a paz que transmite e a beleza que posúe. Para nós, un lugar máxico
.
Estas salinas estiveron en funcionamento tan só 60 anos, dende 1694 ata o 1754. Ocupan unhas oito hectáreas e pouco é o que resta do antigo complexo da producción do sal. O espazo interno está hoxe ocupado por unha marisma.
A colleita do sal levábase a cabo entre os meses de xullo e setembro, pois o sol, a temperatura ambiente e o vento, son elementos fundamentais no proceso de cristalización do sal.
E moi próxima ás salinas, entre a densa vexetación, atopamos as ruínas da Granxa de Ulló, de visita obrigatoria!
Estas ruínas son o resultado das reformas que se levaron a cabo no século XIX por José Nazario sobre as antigas edificacións dos xesuítas dos séculos XVII e XVIII.
Non obstante, á morte de José Nazario en 1887, a granxa entra en decadencia pasando por diferentes mans ata que no ano 1960 queda abandonada. O seu maior encanto para min, son sen lugar a dúbida algunha, as súas impresionantes lareiras
.












