Das catro torres que noutrora vixiaban a Lagoa de Antela, tan so quedan hoxe en día tres delas.
A mellor conservada é a Torre de A Forxa, no municipio de Porqueira. Segue a esta a Torre de Pena, na que se fixo recentemente un traballo de recuperación de parte da súa muralla exterior. Dende ela temos unhas vistas privilexiadas da Limia e os seus campos de cultivo.
En peor estado de conservación, podemos ver o que resta da Torre de Sandiás, na que tamén se executaron fai pouco traballos de consolidación para evitar que os seus muros acaben caíndo. E a cuarta torre, desaparecida hoxe en día, situábase en Celme, no municipio de Rairiz de Veiga.
E entre elas a Lagoa de Antela, desecada na década dos cincuenta e que contaba cunha superficie duns 42 quilómetros cadrados.





