Eva Rodríguez Penín

Fervenza do Río Toxa

Aquí vos deixo este fermoso espectáculo de auga, luz e son, formado polo río Toxa na parroquia de Pazos. Esta fervenza está considerada das máis altas de Galicia en caída libre, xa o digo así para non entrar en debates 🤣. Constitúe un espazo de alto valor paisaxístico que forma parte do Sistema Fluvial Ulla-Deza…

Ler máis

Ruta das Areeiras de Sandiás. Provincia de Ourense

Hoxe propóñovos un roteiro relaxado, de 6 quilómetros escasos, no que diferentes aves acuáticas serán as nosas compañeiras. Circular, ben sinalizado e sen desnivel, este camiño lévanos polo resultado das explotacións adicadas á extracción de area na zona, que conlevaron a formación de importantes encharcamentos permanentes nos ocos que ían deixando coa súa actividade. Isto…

Ler máis

O camiño da Geira e dos Arrieiros. Do Museu Etnográfico de Campo do Gerês a Portela do Homem.

Nesta etapa de pouco máis de 12 quilómetros, coñeceremos a pintoresca aldea de Campo do Gerês, dende onde os miliarios das millas XXVIII, XXX, XXXI, XXXII, XXXIII e XXXIV nos levarán a través da exuberante vexetación da Mata de albergaría. Pero non debemos esquecernos de outras protagonistas deste tramo, as augas do río Homem, que…

Ler máis

A Casa de Real. O camiño da Geira e dos Arrieiros. De Caldelas a Terras de Bouro.

Falábavos fai un tempo dunha impresionante casa que se atravesa literalmente ao longo deste camiño, grazas a información que me proporcionaron sobre a mesma. Pois ben, hoxe teño que agradecer ao seu actual propietario así coma a persoa que non só ma amosou, senón que tamén me contou parte da súa historia, o poder ver…

Ler máis