Este complexo, hoxe totalmente abandonado e nun marcado estado de deterioro, foi no seu día centro de referencia termal en Galicia. As súas augas termais, das que xa se ten constancia no ano 1877, eran empregadas para o tratamento das enfermidades do aparello dixestivo, obstruccións intestinais, patoloxías do fígado, da pel e tamén para problemas reumatolóxicos.
Alén dos baños, aos que acudían centos de persoas ao ano, as súas augas chegaron incluso a ser embotelladas. O conxunto do antigo hotel contaba cun edificio de dúas prantas con 10 cuartos, un patio interior, unha capela e outras construccións anexas. Na pranta baixa as dúas billas máxicas, intactas.
Hoxe en día, por desgraza, atópase na “Lista Roja” do patrimonio de Lugo de Hispania Nostra. O seu estado é totalmente ruínoso á par de perigoso, ao igual que o de outros balnearios que correron a mesma sorte. Unha verdadeira mágoa!

