Balneario de Frádegas. Concello de Antas de Ulla

Preto de Santa Mariña de Castro de Amarante, ás beiras do río Ulla, atopamos esta xoia do século XIX nun estado totalmente ruínoso.
As súas augas sulfurosas eran empregadas para afeccións da pel e patoloxías relacionadas co pulmón e estómago.
O antigo balneario está formado por un edificio de dúas prantas cun patio interior, unha capela e outras construccións auxiliares. Na pranta baixa á esquerda atopamos dúas fontes ás que chegaremos facilmente seguindo o cheiro das súas augas. Á dereita, as salas de baños nas que aínda se poden ver as bañeiras aínda que están cubertas parcialmente de maleza e, ao fondo, algunhas das súas máquinas. No piso superior, totalmente inaccesible polo mal estado xeral, ubicábanse as instalacións hosteleiras.
Detrás do balneario hai un impresionante muíño dos mesmos propietarios do balneario co chan de lousa e as súas tres moas.
É unha mágoa o estado de abandono total e absoluto deste tesouro pero aínda así, e sempre con moito coidadiño, é digno de botarlle un ollo e botar a voar a vosa imaxinación a décadas atrás.
Hai dous roteiros que pasan por alí, o dos Torrentes de Mácara e outro duns 20km, por se queredes facer da visita ao antigo balneario un punto de descanso dunha camiñata 🏃‍♂️🤸🏽‍♀️.
Espero que o disfrutedes ❤️

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *