Este manantial termal, ubicado nunha finca privada, segue en activo trinta anos despois do seu peche.
As súas propiedades son terapéuticas para patoloxías reumáticas, afeccións da pel e o estrés. Foi por iso que a mediados do século pasado, Antonio Vilariño decidiu construir unhas salas de baño ás que acudían veciños do entorno e até de Lugo cidade. Coa xubilación do dono, o lugar entrou en decadencia atopándose nun estado realmente ruinoso na actualidade.
Aínda é posible ver a ducia de salas de baño coa que contaba o balneario, aínda que non resta nelas nin unha soa das bañeiras nin lavabos e inodoros. Tamén se pode apreciar o forno de leña que quentaba as habitacións para tomar os baños.
Noutra instalación moi próxima a esta, atópase a fonte con cabeza de león enmarcada nun valado de ferro e pedra da que brotan as augas sulfurosas de Caldelas de Vilariño.
Seica nos seus tempos houbo tamén unha capela da que hoxe en día non queda rastro algún.
É unha auténtica mágoa que non haxa un mínimo de conservación dun lugar coma este.


















