Balneario de Requeixo. Concello de Monterrei

A soamente 3 km de Vilaza, atopamos o que resta do antigo balneario de Requeixo. Coma moitos outros balnearios galegos, tivo a súa época dourada durante unhas décadas antes de caer na decadencia coa guerra civil española e posguerra.
A primeira noticia do manantial de Requeixo data do ano 1772, medrando o seu emprego ao longo do século XIX. Pese ao seu estado ruinoso actual (aínda que están levando a cabo obras de recuperación no lugar), está situado nun enclave de gran beleza, co río Búbal ao frente e de costas ao monte Labogueiras.
Á nosa chegada, o primeiro que atopamos é a antiga pranta embotelladora “Aguas de Villaza” da que só se conserva a estructura externa. Situado entre a pranta embotelladora e o que resta do hotel balneario, un templete en proceso de remodelación protexe ao manantial. E por último pero non menos importante, o hotel balneario, edificio de sillería de pranta rectangular e dúas alturas. A primeira pranta contaba cunha vintena de cuartos máis luxosos e a segunda pranta ofrecía alonxamento económico a entre 25 e 35 hóspedes.
Un pouco máis adiante podemos apreciar a grandiosidade do muíño de Requeixo.
Pese ao seu deterioro actual paga a pena unha visita, subir monte enriba e pararse a pensar como sería un día normal aló na época do seu esplendor máximo.
Espero que vos guste! ❤️

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *