Non será polas veces que levo ido a Verín pero aínda tiña por coñecer esta xoia. As augas de Caldeliñas, xunto coas de Sousas, atópanse na orixe do aproveitamento termal de Verín.
Este balneario viu a luz a finais do século XIX grazas á labor do fotógrafo francés Fernand Debas (chegou a ser o fotógrafo da Corte de Alfonso XII). Él encargouse de publicitar intensamente na prensa as súas propiedades así como tamén entre médicos e outros profesionais afíns.
Foi a súa morte no ano 1914 a que marcou o remate da época gloriosa de Caldeliñas.
As súas augas nacen a 24,4 graos e son moi recomendadas para recuperar o equilibrio e hidratación da pel. Non obstante, non está aconsellado o seu consumo.
















