Moi preto de Xunqueira de Ambía atopamos este antigo balneario, hoxe en estado ruinoso.
É unha mágoa ver, unha vez máis, como edificacións coma esta se deixan caer sen que ninguén interceda a favor da súa recuperación e posta en valor.
Son varios os balnearios que durante a segunda metade do século XX seguiron o mesmo camiño.
Déixovos o enlace a dúas páxinas nas que atopei algo de información sobre estas augas para que poidades botarlles un ollo.







